A Xunta pide a implicación do Goberno central na venda de Alcoa
Publicado o 29/06/2021 16:33
A Xunta de Galicia agarda que o Goberno central cumpra co seu compromiso e aposte por esa intermediación para darlle unha solución a venda de Alcoa.
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, considera que o Executivo debe ser parte da solución e non estar "de costas aos traballadores".