CRTVG

Buscar

A Xunta recolocará noutras residencias os usuarios do centro da Fonsagrada pechado

Publicado o 09/04/2020 22:23

A Xunta pecha dúas residencias privadas da Fonsagrada. Política Social tomou esta decisión tras inspeccionar as residencias a raíz dunha denuncia de posibles malos tratos aos anciáns.

Os 29 anciáns ingresados nestes dous centros foron trasladados ao hospital de Lugo para facerlles unha revisión. Permanecerán no centro hospitalario ata que os realoxen noutras residencias de maiores. A Xunta xa lle trasladou un informe á Fiscalía.

Noticias web

09/04/2020