A Xunta pagou xa máis de sete millóns en axudas ao sector da hostalería
Publicado o 15/12/2020 19:33
A Xunta pagou xa máis de 7 millóns de euros en axudas aos locais de hostalería afectados polas restricións, que enivaron preto de 40.000 solicitudes.
Comunicouno o vicepresidente primeiro e conselleiro de turismo tras unha nova xuntanza telemática con representantes das principais asociacións do sector.
Alfonso Rueda di que a Xunta se comprometeu a axilizar aínda máis o proceso para que as axudas cheguen canto antes. E pediulle ao Goberno central que non demore máis a posta en marcha do plan de choque estatal para a hostalería.