A Xunta paga case o 80 por cento das axudas do plan de rescate
Publicado o 09/01/2021 13:27
O plan de rescate da Xunta inclúe axudas para paliar as consecuencis económicas da covid-19. O 80% xa foron aboadas.
O Goberno autonómico pagou máis de 30.000 axudas dirixidas a persoas traballadoras autónomas, a microempresas e ao sector hostaleiro por valor de case 61 millóns de euros.
Case a metade foron para o sector hostaleiro: 13.914 axudas recaeron nestes establecementos. A Xunta ampliou a 86,2 millóns de euros o orzamento do plan de rescate co obxectivo de chegar a atender todas as peticións que cumpran cos requisitos.