CRTVG

Buscar

A Xunta oponse ao adianto da normativa de biorresiduos

Publicado o 10/06/2021 20:54

A Xunta pide a concellos e provincias galegos apoio para evitar o adianto da normativa estatal de residuos.

A conselleira de Medio Ambiente considera imposible cumprir en só seis meses a recollida selectiva de biorresiduos en concellos de máis de 5.000 habitantes, que en Galicia son 113. Ángeles Vázquez sinala que os concellos terían que modificar todos os contratos de recollida do lixo e que non disporían de espazos onde depositar os residuos.

Vázquez lembra tamén que o chamado colector marrón, para materia orgánica, non será obrigatorio na UE ata fins de 2023, polo que non entende que o Goberno central adiante dous anos a súa implantación en España.

Noticias web

10/06/2021