A Xunta non descarta revisar o modelo de restricións pola repunta de casos
Publicado o 02/07/2021 13:29
Ante o aumento de contaxios de covid en Galicia, a Xunta non desbota novas restricións. Polo de agora, di o conselleiro de Sanidade, seguirán cos mesmos protocolos de peches en función da incidencia.
"Hai un sistema implícito no sistema que temos en Galicia de que cando un concello pasa a nivel medio automaticamente o ocio nocturno tamén se ve afectado. Iso xa pasa hoxe mesmo coa entrada en vigor do DOG. Ese sistema modula que se a incidencia aumenta en certas cidades o ocio nocturno e outras moitas actividades vende afectadas. Ese sería de momento o mecanismo sen descartar revisión e que poida haber outros", explica Julio García Comesaña.