CRTVG

Buscar

A Xunta non desbota a posibilidade de sacar máis adiante unha nova edición do bono turístico

Publicado o 21/04/2021 14:35

Se vostede foi un dos cidadáns interesados en adquirir un dos bonos turísticos da Xunta e non puido conseguilo, saiba que é posible que teña outra oportunidade. Ante o éxito e a gran demanda da iniciativa, non se desbota a posibilidade de sacar unha nova tanda máis adiante. Así o confirmou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no programa A revista, da Televisión de Galicia.

Noticias web

21/04/2021