CRTVG

Buscar

A Xunta multa o xestor ferroviario polos vagóns que tirou ao Sil en 2020

Publicado o 17/10/2021 16:24

A Xunta acaba de multar a Adif con 45 mil euros polo caso dos vagóns que tiraron ao río Sil en xuño do ano pasado. Un tren de mercadorías sen carga descarrilou cerca da estación de Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras, e os vagóns apareceron no leito do río.

A Xunta cualifica os feitos como graves e considera que houbo intencionalidade da empresa, o Administrador de Insfraestruturas Ferroviarias (ADIF), dependente do Ministerio de Transportes. Trátase da cuantía máxima que se pode interpoñer por unha infracción de residuos contaminantes. Resólvese así o expediente aberto pola Administración galega ao considerar que supón unha deterioración grave para o medio ambiente.

Noticias web

17/10/2021