CRTVG

Buscar

A Xunta multa a Endesa pola turbidez no río Eume

Publicado o 24/05/2021 20:25
A Xunta multa a Endesa pola turbidez no río Eume

A Xunta de Galicia sanciona a Endesa con  multas de 600.000 e de 350.000 euros relacionadas coa turbidez aparecida no río Eume en agosto de 2020. A Administración autonómica considera que a empresa desatendeu o aviso de Augas de Galicia para garantir o caudal ecolóxico do encoro e continuou baixando a cota ata que apareceu a afección. A sanción correspóndese co importe das actuacións que a Xunta tivo que realizar para garantir o abastecemento de auga a Pontedeume. Endesa alega causas naturais e ten quince días para recorrer.

Noticias web

24/05/2021