CRTVG

Buscar

A Xunta mantén a prohibición de realizar queimas ata novo aviso

Publicado o 30/09/2021 17:22
A Xunta mantén a prohibición de realizar queimas ata novo aviso
EP

A Consellería do Medio Rural informa de que este xoves termina a temporada de alto risco de incendios forestais en Galicia. Con todo, as queimas de restos agrícolas e forestais amontoados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, ao ter en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os próximos días.

Deste xeito, conforme sinalou o departamento autonómico nun comunicado, non se concederán comunicacións nin autorizacións para queimas ante a variabilidade das previsións do tempo para os próximos días. "Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal", incide.

 

Noticias web

30/09/2021