CRTVG

Buscar

A Xunta mantén a intención de reclamar nos tribunais os 200 millóns do IVE do 2017

Publicado o 08/02/2020 14:46

O Consello de Política Fiscal e Financeira aprobou este venres o obxectivo de déficit autonómico no 0,2 por cento do PIB para este 2020, atrasando así o equilibrio orzamentario ata o 2022. A nova senda de déficit foi aprobada con 11 votos a favor, os das comunidades gobernadas polo PSOE, e 6 en contra, os das gobernadas polo PP e Ceuta.

Esta folla de ruta relaxa en dúas décimas o obxectivo de déficit, que equivalen a uns 2.500 millóns de euros, xusto a mesma cifra que as comunidades reclaman polo IVE do 2017. O Ministerio de Facenda négase a devolver eses cartos porque segundo a Ministra, María Jesús Montero, as autonomías xa orzamentaron e gastaron eses recursos...

Noticias web

08/02/2020