CRTVG

Buscar

A Xunta licita os proxectos para ampliar o CHUAC por 7,8 millóns

Publicado o 30/12/2020 17:02
A Xunta licita os proxectos para ampliar o CHUAC por 7,8 millóns

A Xunta licitou os documentos técnicos para iniciar as obras de ampliación do hospital da Coruña por case 8 millóns de euros. E as empresas teñen ata marzo para presentar ofertas.

O Goberno galego destacou a urxencia da obra para dar resposta ás novas necesidades sanitarias que quedaron patentes coa pandemia. E lamentan que aínda non chegara a licenza municipal. Pídenlle ao concello da Coruña máis compromiso e implicación co proxecto.

Noticias web

30/12/2020