CRTVG

Buscar

A Xunta levará aos xogos de Toquio a súa loita contra a discriminación e a violencia de xénero

Publicado o 28/05/2021 13:59
A Xunta levará aos xogos de Toquio a súa loita contra a discriminación e a violencia de xénero

A Consellería de Igualdade levará aos xogos olímpicos de Toquio a súa loita contra a discriminación e contra a violencia de xénero. 

Con esta finalidade, esta mañá asinouse en Pontevedra un novo convenio de colaboración entre a Xunta e deportistas galegos e galegas de alta competición. No acto estiveron presentes, ademais da conselleira María Xesús Lorenzana, o secretario xeral para o deporte, José Ramón Lete, e o triatleta Javier Gómez Noia. 

O plan denominado reto Galicia-Toquio pretende que os deportistas olímpicos e paralímpicos poidan visibilizar cos seus logros a loita contra a discriminación.  

Noticias web

28/05/2021