CRTVG

Buscar

A Xunta lanza unha campaña para fomentar o consumo de peixe entre os 'millenials'

Publicado o 22/11/2019 14:39

Ribeira foi o lugar escollido para presentar a primeira campaña que se fai en España para fomentar o consumo de peixe entre as persoas de entre 18 e 35 anos, os denominados millenials.

Na campaña, que terá canle propia nas redes sociais como Instagram, participan a deportista Ana Peleteiro, a actriz Eva Iglesias e as estrelas galegas de YouTube Percebes y Grelos e Coque Macho.

O presidente da Xunta anima os mozos a comer máis produtos do mar, como aconsella este programa que ten de lema "Vai de peixe". Feijóo di que o peixe de tempada nin é caro nin difícil de cociñar.

Noticias web

22/11/2019