A Xunta inviste 90.000 euros na recuperación da pasarela de Acevedo, en Oia
Publicado o 04/08/2021 14:31

Moi pronto, veciños e peregrinos van volver gozar da pasarela colgante de Acevedo, no concello pontevedrés de Oia.
Este mércores, o vicepresidente Alfonso Rueda e a alcaldesa de Oia asinaron un convenio para levar a cabo a súa recuperación. Investiranse 90.000 euros para recuperar un enclave do río Tamuxe que forma parte do Camiño Portugués da Costa.