CRTVG

Buscar

A Xunta investiu máis de 51 millóns nos últimos catro anos para traballos de eficiencia enerxética

Publicado o 31/08/2021 14:26

En Galicia aumentou a demanda de licenzas, tanto para construír como para rehabilitar. Para contribuír á renovación de vivendas, a Xunta ten en marcha varias liñas de axudas. Nos últimos catro anos investíronse máis de 51 millóns de euros para traballos de eficiencia enerxética ou de accesibilidade.

A cidade da Coruña foi a que máis demandas rexistrou. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitaba esta mañá un edificio nesta cidade renovado coas axudas da Xunta.

Noticias web

31/08/2021