A Xunta insta os concellos e as deputacións a sumaren esforzos para acordar o rescate da hostalería
A Xunta insta os concellos e as deputacións a "sumaren esforzos" para acordar este mércores o segundo plan de rescate da hostelería. Mentres, este martes, a Conselleira de Emprego recibiu as propostas de sindicatos, da patronal e dos autónomos.
Lorenzana recordou que a Xunta xa comprometeu 50 millóns para este segundo rescate. E sobre a ampliación do orzamento coas achegas de concellos e deputacións, a conselleira indicou que o importante é "sumar cartos e non entrar en porcertaxes".
"Sabemos que non todas as deputacións nin os concellos teñen a mesma capacidade que pode ter esta Consellería para achegar unhas porcentaxes tan elevadas. O que propoñemos é, simplemente, unha colaboración entre todas as administracións para sumar cantos máis cartos mellor para que as axudas cheguen á maior parte dos autónomos, das microempresas e dos negocios, que se están vendo moi afectados", asegura María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego.