A Xunta insta o Estado a reclamar 49 bens de Meirás
Publicado o 01/10/2021 16:38
A Xunta de Galicia pídelle ao Goberno que reclame a titularidade de medio cento de bens mobles do pazo de Meirás que non están incluídos no expediente de protección que se verá nun xulgado da Coruña a finais deste mes de outubro.
Son cadros, lámpadas, vitrinas e outros bens, a maior parte da época de Emilia Pardo Bazán aínda que tamén da etapa franquista. Os técnicos da Consellería de Cultura teñen documentados todos estes bens asociados ao pazo para os que solicitan protección.