CRTVG

Buscar

A Xunta inspecciona con dron pontes e viadutos

Publicado o 31/07/2020 14:47

A Consellería de Infraestruturas está a supervisar con drons as infraestruturas das estradas para detectar fallos ou erosións que precisen reparación. A conselleira Ethel Vázquez supervisou esta mañá a inspección do viaduto da Espariza, na autovía Ferrol-Vilalba ao seu paso polo concello das Somozas.

O dron gravou fotos e vídeos de zonas inaccesibles da ponte, que ten 45 metros de alto, sen necesidade de cortar o tráfico.

O obxectivo é manter en bo estado as estradas e garantir seguridade no tráfico. A Consellería pretende ampliar estas inspeccións a muros e terrapléns.

Noticias web

31/07/2020