A Xunta insiste en que o cumprimento das medidas sanitarias permitirá a apertura de Galicia
Publicado o 16/04/2021 21:02
A Xunta insiste en que o cumprimento das medidas sanitarias permitirá que Galicia poida seguir avanzando na desescalada e na mobilidade.
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, comprobou nun restaurante de Pontevedra a aplicación de toda a normativa para permitir que a restauranción poida estar aberta ata as once da noite. Rueda animou aos galegos a facer uso da hostalería, con precaución e 'sentidiño'. E lembrou que tanto os clientes como os responsables dos establecementos teñen que actuar con responsabilidade.