CRTVG

Buscar

A Xunta inicia os trámites para a protección integral e inmediata da Casa Cornide

Publicado o 23/05/2021 13:41

Paso adiante da Xunta para a declaración BIC da Casa Cornide da Coruña. O Diario Oficial de Galcia publica este luns a resolución coa que se inician os tramites para a súa protección integral e inmedidata.

O Goberno galego aplica o réxime de tutela provisional previsto na Lei do patrimonio cultural. Afecta todo o edificio e, de forma cautelar e preventiva, ás partes integrantes e as pertenzas ata que se teña acceso ao interior para completar a valoración.

Conta cos informes favorables das tres institucións consultadas: o Consello da Cultura, a Real Academia Galega e a Universidade da Coruña.

Noticias web

23/05/2021