A Xunta dálle un mes ao Goberno antes de presentar o contencioso polo IVE
Publicado o 30/01/2020 14:56
• O PSdeG defende que a vía xudicial non é o camiño
O Goberno galego pon en marcha a maquinaria para levar o Executivo central aos tribunais. Galicia reclama a débeda que ten pendente: 200 millóns de euros. Cartos, di o presidente Feijóo, de todos os galegos.
A semana que vén enviaralle o requirimento ao Ministerio de Facenda. Se nun mes non hai resposta, ou se a resposta é negativa, a Xunta presentará un recurso contencioso-administrativo.
Os socialistas galegos defenden que a vía xudicial non é o camiño para reclamar a débeda. Caballero di que hai que esforzarse e colaborar co Goberno central.