A Xunta inicia a tramitación do decreto de formación dos MIR
Publicado o 14/10/2021 15:26

O Consello da Xunta acaba de iniciar a tramitación do anteproxecto do decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada, é dicir, de formación dos MIR, que anunciara Alberto Núñez Feijóo no debate de política xeral. O presidente defende que ese decreto busca incrementar o número de médicos na sanidade galega.
Na rúa reunión semanal, o Goberno galego aprobou un cuarto plan de rescate para autónomos e pequenas e medianas empresas. Ten un orzamento de 134 millóns de euros que sobraron do anterior polas condicións que poñía o Goberno central e que agora mudou. Este plan amplía ata o 30 de novembro as débedas financiables con estas axudas e permite destinar os cartos a custos fixos non cubertos.