A Xunta incrementa o gasto na promoción e comercialización dos produtos do mar
Publicado o 20/10/2021 16:58
A Xunta de Galicia investirá no 2022 medio millón de euros máis, serán nove millóns en total, para a mellora da comercialización e a promoción exterior dos produtos do mar. Anunciouno a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a visita que fixo este mércores ao Salón Gourmets.
Alí conversou con representantes das empresas galegas. A conselleira destacou a importancia de estar presentes neste tipo de feiras para difundir a calidade dos produtos galegos de orixe mariña.