A Xunta incorpora alegacións de 25 entidades á Lei de impulso demográfico
Publicado o 24/10/2019 15:52
Tras escoitar 25 entidades e cidadáns, a Xunta incorpora ao proxecto de lei de impulso demográfico medidas como a creación de servizos de conciliación nos seus centros de traballo, bonificacións para o transporte, incorporar un programa de recuperación de vivendas baleiras ou marcar o obxectivo de universalizar a gardería gratis. O presidente da Xunta agarda que o texto sexa aprobado por consenso no Parlamento.
"O importante é que Galicia pode ser a primeira comunidade cunha Lei de impulso demográfico e polo tanto que os gobernos non fagan isto porque queren, se non porque é obrigatorio", afirma o presidente.
Feijóo explicou que nos orzamentos do ano que vén haberá 700 millóns para políticas de impulso demográfico.