CRTVG

Buscar

A Xunta incentivará o consumo local e a dixitalización do pequeno comercio

Publicado o 13/02/2021 14:57

A  Xunta estudará medidas para incentivar o consumo no comercio local. O conselleiro de Economía, Francisco Conde, mantivo unha reunión co sector e trasladoulle as propostas, que pasan tamén por impulsar a dixitalización do comercio promovendo a venda en liña neste momento difícil.

A vindeira semana ábrese tamén a segunda convocatoria do plan de rescate para autónomos, microempresas, hostalería e outras actividades pechadas. Un plan que leva destinados ao comercio nove millóns de euros. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

13/02/2021