A Xunta impulsa os produtos de temporada nos comedores escolares que xestiona
• Propón tamén conxelar as taxas universitarias
A Xunta investirá 5 millóns de euros nun plan de dinamización da FP Dual, que é a que combina formación nun centro con actividade laboral nunha empresa, co obxectivo de aumentar as matriculacións desta modalidade un 40% nos próximos dous anos.
E proporá ás universidades conxelar as taxas por noveno ano consecutivo, de xeito que Galicia sexa, destacan, a comunidade cos prezos máis baixos para cursar un grao ou un máster habilitante, que o que esixen algunhas titulacións para poder exercer.
E canto aos comedores escolares, a Xunta aprobou as condicións para contratar a xestión dos 133 que dependen da Consellería de Educación. Valórase o compromiso de incluír nos menús produtos de temporada, lácteos producidos a menos de 100 quilómetros dos centros e materias primas subministradas por establecementos de proximidade.