A Xunta impulsa desde Lisboa o Camiño Portugués, a segunda vía máis usada polos peregrinos
Publicado o 01/10/2021 16:37

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou en Lisboa o Xacobeo 2021-2022. A Xunta quere reforzar a presenza do Camiño Portugués, a segunda vía máis usada polos peregrinos.
En palabras de Rueda, é un camiño moi potente, que vai medrar moito e polo que pode incrementarse a entrada de peregrinos estranxeiros a través do aeroporto internacional do Porto. Desde a Xunta animan os empresarios do sector turístico en Portugal a promocionalo como unha oportunidade de negocio.