CRTVG

Buscar

A Xunta fará un cribado masivo entre o persoal hostaleiro antes do Nadal

Publicado o 07/12/2020 20:55

Todos os empregados e empresarios de bares, restaurantes e hoteis que estean abertos ao público poderán someterse as probas PCR. A Xunta anuncia un cribado voluntario no sector poucos días despois da reapertura. Vaino facer o Sergas en coordinación coas asociacions profesionais. A intención e reactivar un sector moi castigado xerando confianza tanto nos clientes como nos que os atenden.

"Para intentar chegar ao Nadal coa maior parte do persoal de hostalería, da xente que está traballando, coas probas feitas. E agardamos que cun resultado que reforce ainda máis esa sensación que a todos nos interesa de que canta maior seguridade sanitaria mellor", explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. 
 

Un clima de confianza que os hostaleiros consideran importantes para axudar a paliar as perdas que sofren. "Entedemos que se traducirá nunha afluencia maior da poboación e provocará tamén un pouco de liquidez aos empresarios que boa falta fai nestes tempos que están correndo". salienta Cheché Real, presidente da Asociacion de Hostalería e Turismo de Lugo. 

A Xunta asegura que se están axilizando as tramitación das axudas ao sector. Para acollerse aos do plan de rescate xa se presentaron 36.000 solicitudes.



Noticias web

07/12/2020