A Xunta fará públicos os inmobles con expedientes urbanísticos para evitar enganos na compravenda
Publicado o 21/10/2019 09:36
A Xunta fará públicos os pisos con expedientes urbanísticos para evitar enganos na compravenda de vivendas. Será a través dunha páxina web. Os potencias compradores poderán acceder facilmente a ela e comprobar se a propiedade que lles interesa ten aberto algún expediente por ilegalidade urbanística. A idea é que estea en funcionamento o próximo ano. Na última década derrubáronse1.300 construcións por infraccións graves.