CRTVG

Buscar

A Xunta faise cargo das cotas das escolas infantís e centros de día, pechados durante o estado de alarma

Publicado o 03/04/2020 14:53

A Xunta aboará o "cen por cento" das cotas de escolas infantís, centros de día, centros de atención ao alzhéimer e centros para persoas con discapacidade durante o tempo que dure o estado de alarma.

Tras a reunión ordinaria do Consello da Xunta, novamente semipresencial, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, dixo, en conferencia de prensa telemática, que 23.000 familias deixarán de pagar as mensualidades correspondentes ao mes de abril. Tamén dixo que a parte proporcional de marzo desde que se decretou o estado de alarma seralles devolta.

Feijóo anunciou ademais que o servizo de axuda no fogar se ampliará a 12.000 novos usuarios para os que tamén será de balde.

Para afrontar eses gastos A Xunta acordou ampliar o Plan Social de Continxencia creado para enfrontar a crise do coronavirus.