A Xunta executou o 102,1% do orzamento consolidado de gastos e o 105,8% do gasto corrente
Publicado o 23/09/2021 18:43

O Consello da Xunta aprobou hoxe a conta xeral do exercicio 2020. A Facenda galega mantívose o ano pasado dentro do límite do 0,1% de déficit. Malia iso, foi a autonomía de España co maior esforzo investidor e unha execución orzamentaria do 102%. O Goberno galego pagoulles aos provedores nun prazo medio inferior aos 19 días, fronte aos 34 días de media en España. Dende o ano 2008 ata hoxe, Galicia é a autonomía de España que menos aumentou a súa porcentaxe de endebedamento.