CRTVG

Buscar

Feijóo ve posible pasear sen máscara pola rúa a mediados do verán

Publicado o 12/05/2021 14:46

O presidente da Xunta pensa que "a finais do mes de xullo ou principios de agosto" será posible ir sen máscara pola rúa, sobre todo, naqueles lugares "onde non se circula preto doutras persoas".

Para iso, Alberto Núñez Feijóo considera necesario manter unha incidencia baixa, avanzar na vacinación "ao ritmo que dixo o presidente do Goberno" e constatar que o proceso de apertura gradual funciona.

Feijóo instou ao Goberno central a abordar a retirada das máscaras e decidir se se vai a reservar esa decisión ou a vai a deixar ás autonomías.

Na conferencia de prensa tras a reunión semanal do Consello da Xunta, lamentou descoñecer "en cal dos dous planos" vai actuar o Goberno, pero insistiu en que para esas datas, se se alcanzou a inmunidade de grupo como prevé o presidente, Pedro Sánchez, é "lóxico" e "prudente" exporse poder camiñar sen máscara pola rúa.

Noticias web

12/05/2021