CRTVG

Buscar

A Xunta irá ao Constitucional se o Goberno non "flexibiliza" horarios e xuntanzas

Publicado o 07/06/2021 14:55

Alberto Núñez Feijóo considera que non ten sentido manter as restricións de hai semanas cando a situación da pandemia en Galicia é de clara melloría.

"Cremos que na rúa xa non temos que ter límites para as reunións e que nas terrazas podemos subir o número de persoas que poidan tomar algo xuntos no exterior. Polo tanto, claro que necesitamos que a normativa do Goberno central sexa flexible".

O presidente da Xunta pídelle ao Ministerio de Sanidade que escoite as comunidades autónomas esta semana para axustar as restricións á situación de cada unha delas e "recuperar o consenso". Se non flexibiliza a normativa sobre os horarios da hostalería, o lecer nocturno e o límite nas xuntanzas, asegura que a Xunta presentará un recurso ante o Tribunal Constitucional.

"(Pedímoslle ao Goberno) que deixe a comunidade autónoma proceder cos protocolos do comité clínico e poder avanzar. Imos ver se o Goberno quere avanzar nese acordo e se non nós, lamentablemente, non desbotamos a posibilidade de presentar un conflito de competencias diante do Tribunal Constitucional", advirte.

Noticias web

07/06/2021