CRTVG

Buscar

A Xunta estuda declarar a emerxencia cinexética temporal en zonas de Galicia para afrontar os danos causados polo xabaril

Publicado o 17/06/2021 20:46

A Xunta estuda declarar emerxencia cinexética temporal nalgúns puntos da comunidade para combater os danos causados polo xabaril. A medida permitiría abater ou capturar exemplares por riba dos cupos máximos establecidos durante os períodos de caza. O obxectivo é reducir os danos ás colleitas ou os accidentes de tráfico provocados por este animal. A consellería pretende repetir unha experiencia que xa se puxo en práctica hai dous anos en 33 concellos galegos.

"Volver repasar as áreas de emerxencia cinexética visto que en 2019 deron bo resultado, baixando nun 30% o volume de avisos por danos do xabaríl", dixo Belén do Campo, directora xeral de Patrimonio Natural.

Noticias web

17/06/2021