CRTVG

Buscar

A Xunta estuda aumentar a contía para o funcionamento das casas niño

Publicado o 03/09/2021 20:11

A Xunta está estudando aumentar a contía que dedica ao funcionamento de cada casa niño, as garderías que se crean nos concellos pequenos onde non hai escolas infantís. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo na entrega de diplomas ás 23 mulleres que montaron unha casa niño nos últimos dous anos.

O presidente agradeceulles que apostaran por un proxecto pioneiro en España para axudar á conciliación no rural.

Noticias web

03/09/2021