CRTVG

Buscar

A Xunta estuda ampliar a caza do xabaril nos lugares máis afectados

Publicado o 18/06/2021 15:27

O lobo non é un problema en Galicia, segundo as organizacións agrarias. Pero si o está a ser o xabaril, que aparece cada vez con máis frecuencia en espazos urbanos. Por este motivo, a Xunta estuda ampliar a súa caza naquelas zonas máis afectadas polos danos que causan.

Os xabarís alteran o terreo e acaban cos cultivos, ademais de ser protagonistas da metade dos accidentes de tráfico que se producen en Galicia. Os sindicatos falan de perdas anuais en colleitas de máis de 20 millóns de euros.

A Xunta pretende declarar a emerxencia cinexética temporal naquelas zonas máis danadas, e isto que suporía pois que o xabaril se podería abater todos os días da semana e por riba das cotas establecidas, iso si, con autorizacion e só nesas zonas máis afectadas. Unha medida que se levou a cabo ata o 2020 e coa que se conseguiu unha redución dun 30 por cento nos danos.

Noticias web

18/06/2021