A Xunta entrega catro vehículos para que a Cruz Vermella atenda persoas maiores
Publicado o 16/12/2020 15:06
A conselleira de Política Social fixo entrega de catro coches híbridos e unha furgoneta á Cruz Vermella que a organización humanitaria adquiriu a través do financiamento da Xunta.
Os vehículos repartiranse entre as catro provincias para reforzar á atención ás persoas maiores. Fabiola García dixo que a Cruz Vermella é un fiel aliado da Xunta na atención e coidado das persoas depedentes ou risco de exclusión social.