A Xunta entrega aos grupos parlamentarios un inventario das 247 iniciativas públicas que optan a fondos europeos

Sobre os cartos que veñen de Europa falouse no Parlamento galego. O vicepresidente Económico da Xunta informou os grupos dos proxectos que vai presentar Galicia para conseguir o financiamento deses fondos.Son un total de 354, a maior parte impulsados polo sector público: 247. Outros 107 proxectos son de iniciativa privada. En total, se Bruxelas aceptase todos eles, Galicia podería mobilizar algo máis de 20.000 millóns de euros.
Francisco Conde entregoulles aos grupos un inventario dos proxectos públicos, pero dixo que non podía darlles os que presentan empresas privadas por razón de confidencialidade. Os grupos da oposición criticaron a postura da Xunta no impulso dos proxectos, que cualificaron de opaca. Pola súa parte, Conde lamentou que nin socialistas nin nacionalistas presentaran ningunha proposta.