A Xunta eleva o financiamento do servizo de axuda no fogar de 9,7 a 11 euros/hora
Publicado o 22/10/2021 16:36
A Xunta reforza o financiamento do servizo de axuda no fogar ata o 2024 A achega subirá nun 24 por cento, son 70 millóns euros que permitirán nos proximos tres anos pasar da achega actual de 9,7 euros a hora aos 12 euros. A medida aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro deste ano. Actualmente benefícianse da Axuda no Fogar uns 24.000 galegos e galegas. A conselleira de Política Social e o presidente da Fegamp asinaban esta mañá o acordo.