CRTVG

Buscar

A Xunta eleva a 828 millóns de euros a "discriminación" do Estado con Galicia

Publicado o 01/07/2021 14:01

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, elevou a 828 millóns de euros a "discriminación" a Galicia na repartición de fondos extraordinarios do Estado para paliar a crise da covid-19. Feijóo advertiu de que seguir así "pode condicionar a recuperación da comunidade".

Segundo explicou na conferencia de prensa tras a reunión semanal do Consello da Xunta, a Galicia corresponderíalle un 6 % do total de 15.082 millóns de euros transferidos ás comunidades, se se seguen os criterios establecidos no sistema de financiamento autonómico, pero só recibiu o 5,2 %.

"Son uns datos de enorme preocupación que acreditan unha discriminación intensa e, lonxe de amainar, parece que se está profundando", recriminou, en referencia tamén á repartición dos fondos que se reciben da UE.

O Goberno "fai o que lle peta, dános o que considera oportuno e cambia de criterio cando lle dá a gana", dixo o presidente da Xunta.