CRTVG

Buscar

A Xunta e o ocio nocturno ultiman un protocolo cun 75 % de ocupación e peche ás 4

Publicado o 23/09/2021 17:23

• O comité cllínico podería aprobar o novo plan o vindeiro martes

• Sanidade reforzará as inspeccións nos locais de hostalería

 

EP

A reunión entre representantes do sector do lecer nocturno e da Xunta serviu para avanzar na elaboración do protocolo que lle permita a esta actividade reabrir de forma xeneralizada. Encima da mesa e con aceptación por parte dos empresarios, aínda que rebaixando as súas expectativas iniciais, está unha apertura cun 75 por cento de ocupación e unha hora máis que actualmente, ata as 4 da madrugada. 

En declaracións aos medios tras finalizar o encontro, que se prolongou algo máis dunha hora e que foi telemático e presencial, Luís Diz, de Galicia de Noite, explicou que aínda falta por perfilar algunhas cuestións que seguirán estudando durante a fin de semana.

Emprazáronse a un novo encontro o luns que vén, un día antes da reunión do comité clínico no que a intención é poder levar o protocolo para a súa avaliación. 

Outra das cuestións pendentes é o uso do certificado covid como requisito. Aínda que a Xunta recibiu o aval do Tribunal Supremo para poder usalo en determinadas situacións e contextos epidemiolóxicos, falta por concretar se se pode empregar como condición para acceder a esta actividade, polo que aínda non se pechou este aspecto a falta dos informes xurídicos pertinentes.

En xeral, trátase dun protocolo de transición ata unha situación epidemiolóxica aínda máis favorable que a actual e que o sector entende que pode facilitar a apertura.   

Noticias web

23/09/2021