CRTVG

Buscar

A Xunta e o Goberno portugués investirán 700.000 euros na renovaciónda ponte entre Salvaterra e Monçao

Publicado o 07/10/2019 15:34

En marzo do ano que vén, a ponte internacional que conecta Salvaterra de Miño con Monçao fará 25 anos. Trátase dunha infraestrutura estratéxica á hora de potenciar a Eurorrexión e de mellorar as comunicacións co país veciño, de aí que a Xunta e o Goberno portugués acordaran impulsar conxuntamente a renovación estrutural da mesma e a súa ampliación cun carril bici.

A conselleira comprometeuse a seguir mellorando as comunicacións co norte de Portugal e animou o próximo Goberno de España a facer o mesmo impulsando a saída sur de Vigo e unha nova conexión por autovía que permita o acceso aos cidadáns lusos ao AVE entre Galicia e Madrid.

Noticias web

07/10/2019