CRTVG

Buscar

A Xunta e o Goberno tratarán de resolver á marxe do TC a discusión sobre a Lei de saúde

Publicado o 21/05/2021 12:10
A Xunta e o Goberno tratarán de resolver á marxe do TC a discusión sobre a Lei de saúde

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o ministro de Administracións Públicas, Miquel Iceta, asinaron un acordo para que as dúas adiministracións resolvan á marxe do Tribunal Constitucional as súas diferenzas sobre a Lei galega de saúde, que motivaron o rescurso de inconstituionalidade presentado polo Goberno central.

Segundo publica este venres o Diario Oficial de Galicia, a Xunta e o Executivo central acordan constituír un grupo de traballo con reprentantes das dúas administracións para alcanzar un arcordo extraprocesual e dar unha nova redacción ao artigo 38.2 da lei