CRTVG

Buscar

A Xunta e o Concello da Coruña asinarán este mes o convenio do novo CHUAC

Publicado o 11/01/2021 15:23

Acordo entre a Xunta e o concello da Coruña para comezar este mesmo mes a ampliación do CHUAC. É un dos froitos da reunión que tiveron hoxe Alberto Núñez Feijóo e a alcadesa, Inés Rey.A previsión é que o convenio se asine este mes.

Tras a reunión, que se prolongou durante máis de tres horas, ambos os dirixentes enxalzaron os acordos alcanzados e as bondades do diálogo institucional. "O nivel de interlocución co Concello da Coruña é óptimo", dixo Feijóo, para engadir que desde o Executivo autonómico non se manexa "ningunha hipótese" alternativa a alcanzar consensos que beneficien os coruñeses.

Froito deste acordo e da "boa sintonía" co Consistorio referiuse aos máis de 400 millóns que sairán das arcas autonómicas para o novo CHUAC, "o maior investimento que o Goberno autonómico" fará na cidade herculina "en 40 anos".

Pola súa banda, Rey ratificou a "boa sintonía" con Feijóo e defendeu que, aínda que poida haber "diferenzas" entre dirixentes de distintos partidos, ve imprescindible a interlocución entre administracións. "Non contemplo o escenario da confrontación permanente sexa autonómica ou estatal porque non beneficia á cidadanía", resolveu a alcaldesa. 

Noticias web

11/01/2021