CRTVG

Buscar

A Xunta e o Concello da Coruña acordan colaborar nos proxectos pendentes da cidade

Publicado o 29/07/2019 16:09

Alberto Núñez Feijóo e Inés Rey acordaron colaborar nos grandes proxectos pendentes, entre eles, a ampliación do hospital. Foi na reunión que os dous mantiveron seguindo a rolda de contactos do presidente da Xunta cos alcaldes das cidades saídos das últimas eleccións locais. 

O titular da Xunta explicou que aínda se sstán estudando as dúas opicións posibles para a ampliación do CHUAC: facéndoo no emprezamento actual ou a realización dun novo centro na Fábrica de Armas. O acordo ao que chegaron a este respecto ten que ver co compromiso do Concello con "facilitar os terreos necesarios", as conexións e as expropiacións precisas.

Inés Rey precisou que a posible localización nos terreos da Fábrica de Armas non é incompatible coa súa aposta de emprazamento da futura Cidade das TIC no mesmo lugar.

Outro dos temas tratados foi o rebaixa na tarifa para remitir a Sogama varias toenladas de lixo pretratado en Nostián. A Xunta anunciou que fará unha rebaixa excepcional neste caso.

Os dous cualificaron a reunión como "construtiva" e "positiva". Falaron da posibilidade de que A Coruña acolla actividades  deportivas e musicais no Xacobeo do 2021, e respecto á futura estación intermodal Núñez Feijóo informou que a alcaldía mantén o último acordo ao que chegou a anterior corporación "para non sufrir máis atrasos". 

 

Noticias web

29/07/2019