CRTVG

Buscar

A Xunta e o comercio galego preparan a reapertura

Publicado o 01/05/2020 15:29

A Xunta prepara co comercio galego a reapertura dos negocios. Alberto Núñez Feijóo e conselleiro de Economía reuníronse con representantes do sector para falar dos protocolos que van poñer en marcha nos comercios, e particularmente nos salóns de peiteado, para garantir a seguridade de todos. Van poñer guías a disposición dos clientes, aos que lles piden que extremen as precaucións. Anuncian que haberá apoios para que o comercio se adapte a novas formas de venda.
 

Noticias web

01/05/2020