A Xunta e Coasa forman futuros traballadores da industria aeronáutica
Publicado o 08/03/2019 15:13
20 persoas formadas nos cursos de especialización que a Xunta financia en colaboración coa empresa Coasa atoparon traballo nesta industria aeronáutica. O conselleiro de Economía visitou esta mañá unha das aulas en que se imparten estes cursos directamente deseñados pola empresa para cubrir as súas necesidades de produción.