CRTVG

Buscar

A Xunta e CC OO reclaman que o Alvia Vigo-Madrid pare en Vilagarcía

Publicado o 29/06/2021 16:26

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse co coordinador do sector ferriviario de CC OO, Gregorio Bermejo, e cos seus representantes provinciais. A Xunta e o sindicato coincidiron na necesidade de volver pedir a Renfe que todos os Alvia entre Vigo e Madrid paren en Vilagarcía. Unha medida que daría servizo á veciñanza do Salnés e que tamén atraería turistas. Din que suporía perder cinco minutos nunha viaxe de cinco horas.

A Xunta tamén lle pide ao Goberno que aclare os prazos e os investimentos para construír a futura liña Vigo-Ourense por Cerdedo, logo da presentación polo Adif e o alcalde de Vigo dun informe hidroxeolóxico.

Outra das reclamacións a Renfe é solicitar a recuperación dos trens que había antes da pandemia, no caso do FEVE só se recuperou o 25 %; nos de media distancia, o 50 %, e no Corredor Atlántico, o 80 %. Tampouco se volveron poñer en funcionamento os trens hotel que comunicaban a nosa comunidade con Madrid e Barcelona.

Noticias web

29/06/2021