CRTVG

Buscar

A Xunta e a comisión Fulbright convocan 5 bolsas para estudos artísticos nos Estados Unidos

Publicado o 19/02/2020 14:50

Eva Mendoza, xestora cultural, é unha das ex-bolseiras Fulbright. Recomenda a experiencia porque para ela, segundo asegura, foi moi positiva.

Eva Mendoza, ex-bolseira Fulbright: "Estudei un máster en Administración de Arte na universidade de Columbia, logo traballei en Nova York. Foi unha grande oportunidade porque colaborei con moitas institucións americanas e fixen exposicións".

A Xunta de Galicia a e comisión Fulbright asinaron o convenio para convocar cinco bolsas que, como a de Eva, financien estadías formativas e de investigación no campo das artes nos Estados Unidos.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo: "Grazas aos que xa fostes e á comisión por facilitar que sexamos a primeira comunidade autónoma que ten un proxecto deste tipo, porque isto é dignificar a cultura e a creación artística como unha parte importante da sociedade".

As axudas cobren, entre outras cousas, o desprazamento e o mantemento dos bolseiros e os gastos de proxecto, de matriculación e de xestión. A Comisión Fulbright encárgase da organizar a convocatoria e o proceso de selección e de ofrecer unha rede de apoio para os bolseiros nos Estados Unidos.

Noticias web

19/02/2020